Enerxía verde no restaurante

 

 

 

 

 

Ola! Queremos anunciar que dende hai uns meses somos socios e consumidores de enerxía eléctrica de Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega, unha cooperativa que comercializa enerxía de orixe 100% renovable e que loita por avanzar cara un modelo enerxético e de consumo máis xusto para as persoas e para o medio.

Estamos orgullosos de pertencer a esta sociedade e animámosvos a que vos informedes sobre como funciona e, se vos interesa, consideredes asociarvos tamén.

Un saúdo!

Fotografías novos pratos

Ola! Aquí podedes ver fotografías dos seguintes pratos:

Ensaladas multicolor, italiana, de queixo fresco, de rúcula e picatostes.

– Pizzetas vexetais.

– Lirios con ensalada.

– Solombiños de porco con salsa agridoce de mostaza.

– Tortiñas de peixe con tomate e especias.

Filetes de xarda con salpicón de remolacha e cítricos.

Ao entrardes na galería, veredes que en cada foto aparece o nome identificando o prato. Bo proveito!

 

Volta á carga!

Ola de novo! Isto é un anuncio de reapertura.

Esta fin de semana abrimos segundo o horario de costume e, durante a semana de festas que vén, estaremos abertos todos os días a mediodía e damos mesa con reserva previa pola noite. Podedes ir chamando: 986-862-275.

Aquí unha fotiño das verduras ecolóxicas recén traídas do Alcoubo de Zacande para conquistarvos. E vaia por diante que a estes produtos as fotos nunca lles fan xustiza.

verduras alcoubo de zacande

Clases de flamenco

Hoxe presentamos a primeira novidade do ano.  Fainos ilusión porque é unha iniciativa chegada de fóra, que parte do interese dunha amiga da Casa chamada África, á que puidemos dar lugar cun chisquiño de coordinación: mentres nós contactabamos con Francisco, (gaditano e profesional do flamenco dende hai moitos anos) para dar a clase, ela ía xuntando o grupiño de alumn@s. E sen moito máis, conseguimos así programar as  primeiras clases de danza.

O grupo comezará o primeiro martes de febreiro e aínda hai sitio se vos animades. Botade un ollo ao cartel. Se queredes máis información, podedes chamar ao noso número ou ao de Francisco, que figura ao pé da imaxe. Saúdos!

cartel flamenco

Festa Fin de Ano

Non se sabe o que pode pasar. Mellorar tal e como están as cousas non é difícil, pero tamén é certo que para os que gobernan o listón dos desastres parece non estar nunca o suficientemente alto; siguen saltándoo e mellorando a súa marca día a día. Pero, sexa como for e veña como veña dende fóra, en cada ano que comeza tamén hai unha parte moi importante de determinación persoal, de punto de vista. Pódese tomar ata coma un xogo. Imaxinade que o 2014 é un anaco de plastilina: que forma lle damos?

A nós ocorréusenos mirar 0 2014 coma un globo, un globo aerostático. Humilde, enxeñoso, lixeiro, colorido, viaxeiro e que se eleva polo aire e suca as nubes (e os nubarróns tamén como pode). E a festa para rematar este no que estamos, pois acorde con esa idea. Vale un pouco todo: podedes pinchar vós mesm@s a música que vos guste, traer instrumentos dende a guitarra á botella de anís,  vir de gala ou de paisano

Estaremos dende as 01:15 ata… Ben, ata cando nos pareza. Mirade que as 50 primeiras entradas van saír máis baratas, así que ide matinando para mercar dende luns. Barra libre e chocolate matutino a pouco prezo.

Para o que precisedes, os contactos habituais: acasadeana@gmail.com // 986862275

Felices festas a todas e todos!

fin de ano